As tolas que non o eran

Mulleres no Manicomio de Conxo,
1885-1936

Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan.As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas gardan a potencia do fondamente humano: a subversión de Amalia fumando cigarros rubios no vapor Habana; a carta que María envía á súa filla despois dun Nadal no inferno; a mirada sen esperanza de Elena, a quen imaxinas amasando nas mans da neta e non na cesta de costura dun manicomio.En cada relato emerxe un escintileo que nos interpela: “Estou aquí e quero que me escoites”. Todas elas regaláronnos a súa mirada a través das paredes do manicomio e as súas palabras para escoitar a voz das vencidas. Porque o que queda nas cunetas da historia merece ser contado.¿Queres escoitalo?

MERCAR O LIBRO

Hai dous xeitos ideais de mercar o libro, para favorecer á editorial que apostou pola súa publicación ou ás pequenas librarías que enchen os nosos pobos e cidades de cultura máis aló de Amazon:1. A través da web de Editorial Galaxia2. Na túa libraría de proximidade, que podes localizar na web https://www.todostuslibros.com/Ademais, se vives na Costa da Morte ou a Coruña podo asinalo para ti e entregarcho en man. Escríbeme a [email protected] e vemos opcións

A AUTORA

Carmen V. Valiña é investigadora especializada en xénero e a directora de www.perifericas.es, Escola de feminismos alternativos referente na ensinanza online sobre este tema en España dende 2016. Ademais, imparte clases como docente na Universidade Europea Miguel de Cervantes (UEMC).Nos últimos anos a súa traxectoria como investigadora focalizouse no estudo dos vínculos entre saúde mental e control da disidencia feminina, particularmente a través da análise dos arquivos do manicomio de Conxo, en Santiago de Compostela.

OBRADOIROS E CHARLAS

Aquí tes algúns dos temas vinculados ao libro que podo levar ao teu concello, instituto ou asociación:

  • A psiquiatría como ferramenta de control das "malas mulleres"

  • ¿Que convertía en tola a unha muller? O discurso médico e estatal sobre a loucura feminina

  • Traballando coas historias clínicas de Conxo: entre a narrativa médica e as palabras das internas

  • Traballando coa correspondencia de Conxo: construíndo a memoria das mulleres "tolas"

  • O perfil das internas en Conxo: mulleres rurais, analfabetas e pobres

¿Queres traballar este ou calquera outro tema vinculado ao libro que se che ocorra? Escríbeme a [email protected] e falamos

Contacto

¿Queres comentarme algo sobre o libro ou propoñerme unha presentación ou obradoiro no teu centro de ensino, concello, etc.? Estarei encantada de lerte en [email protected]